Tuesday 14 de May de 2024

Mestura entrega os diplomas do curso “habilidades domésticas” a unha decena de mulleres


A ONG Mestura, o Concello da Cambre e a Secretaría Xeral de Igualdade fixeron entrega dos diplomas e clausura do curso “Habilidades domésticas” que está tendo lugar en dependencias municipais por parte de usuarias dos Servizos Sociais do Concello de Cambre. O alcalde de Cambre, Oscar García Patiño, a secretaria de Igualdade, Susana López Abella, e a coordinadora da ONG Mestura, Liliana Rodríguez, entregaron os documentos acreditativos do curso.

Segundo o alcalde, Mestura implicouse neste proxecto e noutros moitos que ofrece a colectivos en risco de exclusión social e a xóvenes entre 18 e 30 anos co inestimable apoio da Secreatria Xeral de Igualdade.
“Sen ir mais lonxe ata o mes de setembro a ONG Mestura nos está a ofertar máis de 50 prazas para traballar con estes colectivos a través de diferentes obradoiros. Polo que seguiremos colaborando en todo o necesario para acadar o maior grado de benestar no nosso concello”.